viernes, 27 de diciembre de 2013

Musical Nino Bravo en Vigo

Chega a Vigo o musical que rende homenaxe ao intérprete valenciano Nino Bravo. O espectáculo será acollido pola Fundación Novacaixagalicia o vindeiro domingo 29 de decembro en dúas sesións, a primeira ás 18.00 h e a segunda ás 20.30 h.
 
Ambas terán lugar no Centro Cultural da entidade da cidade viguesa, situado na rúa Policarpo Sanz, 13. As localidades para o espectáculo están á venda nas canles habituais de comercialización de entradas da fundación galega: a web de Servinova, www.servinova.com , e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h. Nino Bravo.
 
El musical é a homenaxe a unha das grandes estrelas musicais españolas, un intérprete cuxas dimensións se foron agrandado co paso do tempo, un artista que conseguía apaixonar coa súa voz e cos seus temas, unha traxectoria truncada polo azar e pola estrada.
 
Este espectáculo, producido por Class Music, pretende recrear a historia de Nino Bravo e a súa obra mediante as cancións que todos lembramos, un percorrido cronolóxico a través da carreira deste valenciano.
 
A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia