lunes, 16 de diciembre de 2013

Programa actividades Nadal 2013 en Cangas

Nadal en Cangas programa de actividades
 
No programa recóllese a celebración dun ‘Certame de Beléns’ en dúas modalidades: unha para os instalados en domicilios particulares e outra para aqueles que estean confeccionados dun xeito artesanal en dimensións reducidas na cal haberá unha mención especial para os centros escolares participantes. Haberá premio para os tres mellores con diploma e vale de compra por importes de 100, 70 e 40 euros.
 
Tamén organizarase o ‘II Certame Nadal con Vida’ co cal preténdese dar maior protagonismo aos máis pequenos.
Haberá tres categorías: Infantil para os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, grupo A para os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos e un grupo B para os rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.
 
Por outra banda tamén celebrarase o ‘II Nadal con vida’, unha inciativa que xunto coa anterior pretende levar os festexo ás rúas, neste caso do casco histórico, cunha mostra de oficios artesanais. Esta iniciativa está programa para o día 21 de decembro de 16.00 a 19.00 horas e anímase a asociación e colectivos a colaborar e participar no desenvolvemento desta actividade. A inscrición para estas actividades deberá realizarse nas oficinas municipais na Casa da Xuventude ata o próximo 13 de decembro.
 
Ademais levarase a cabo o ‘II Certame de Decoración de Fachadas’ no cal establecerase tres categorías, por unha parte as fachadas, por outro as rúas e prazas e por último escaparates. Haberá premio para os tres primeiros por cada categoría no caso das fachadas, diplomas aos gañadores na categoría de escaparates e un diploma para todos os participantes para aqueles que compitan na categoría de rúas e prazas. A inscrición hai que realizala na Casa da Xuventude. O prazo remata o día 10 de decembro.
 
Os nenos e nenas tamén poderán gozar duns obradoiros os días 23-26-27 e 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. Esta actividade está dirixida para nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos que deberán inscribirse na Casa da Xuventude ata cubrir prazas.O día 4 pola tarde e o día 5 de xaneiro pola mañá haberá unha recreación das antigas “Danzas de Reis’ da man dos bailadores do Colectivo Lembranzas da Ría que percorreran rúa e prazas da vila.
 
Por último o Concello de Cangas organizará o día 5 a clásica Cabalgata de Reis aportando unha achega económica para a compra de materiais de construcción a cada entidade participante. Dende o goberno local anímase a todas as ANPAS do concello a participar nunha das actividades máis importantes das festas de Nadal e na que máis participan os nenos e nenas de Cangas.