viernes, 20 de diciembre de 2013

Xogos de Nadal A Coruña con Fundación Novacaixagalicia


Tempo de lecer e xogos de Nadal na Fundación Novacaixagalicia

Máis de 100.000 rapaces galegos participaron nas actividades infantís - obradoiros, actividades escénicas e musicais e cursos de cociña- que a Fundación Novacaixagalicia ofertou no presente 2013. Agora a entidade propón unha serie de obradoiros como opción de lecer para a tempada do Nadal, os seus centros socioculturais de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo Coruña e Ferrol  acercarán aos máis pequenos, a través do xogo e a diversión, ao mundo da arte, da música, da natureza, da cociña e do deseño web. A inscrición pódese facer a través dos teléfonos dos centros culturais que a entidade ten nestas cidades. Ademais os rapaces galegos tamén poden gozar do Centro Interactivo e Medioambiental da  fundación, NATURNOVA, que permanecerá aberto en horario de Dende 23 de decembro ao 8 de xaneiro os xoves, venres  e sábados, ademais do martes 7 e mércores 8 de xaneiro de 17:30 a 20:30 h.

Estes obradoiros están axeitados e dirixidos a rapaces de diferentes idades, os nenos desde os catro e ata os oito anos atoparán neles a súa alternativa de lecer e o seu espazo de encontro para este Nadal. Para os máis pequenos, entre os catro e os oito anos, deseñáronse os seguintes obradoiros: O zapateiro e os trasnos dos Irmáns Green nel os rapaces asistirán a unha especial sesión de contacontos, na que máis que escoitar unha historia poderán vivila, pois como se do zapateiro do conto se tratase os rapaces fabricarán os seus zapatos máxicos. Orientado aos pequenos de entre 4 e 8 anos. As catro estacións do Nadal e un taller multidisciplinar no que co fío condutor das catro estacións de Vivaldi os nenos crearán os seus instrumentos musicais. Unha actividade que mestura artes plásticas, música e creatividade e que vai dirixida aos rapade de 4 a 8 anos. Obradoiro para deseñar unha páxina web propia, orientado a rapaces de 9 a 14 anos, no que se lles ensinará a deseñar, crear vínculos, cargar imaxes nunha páxina web propia. O taller, Un Nadal de Cores, ofrecerá aos nenos a posibilidade de deixar libre a súa creatividade no eido das artes plásticas, este obradoiro ten dúas modalidades unha axustada aos nenos de 4 a 7 anos e outra orientada aos rapaces de entre 8 e 12.

Ademais dos obradoiros a fundación galega ten en marcha cursos de cociña de Nadal para os chicos nos seus centros das cidades de Coruña, Vigo e Ferrol. Nas dúas primeiras as prazas para asistiren a esta actividades están xa reservadas, na cidade ferrolá os rapaces aínda teñen a posibilidade de anotarse para aprender a facer sobremesas e pratos como rosco de reis, turrón, cóctel de marisco con aguacate ou lagostinos salteados con piñóns. O obxectivo desta Aula de Cociña é achegar aos nenos ao mundo da cociña mediante un método didáctico e divertido.


O CALENDARIO DE CORUÑA

FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA CORUÑA (986 185 060)
OBRADOIROS
DATAS
HORARIO
IDADES
Un Nadal de Cores 1
26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro
11.30 a 13.30 h.
4 a 7 anos
Un Nadal de Cores 2
26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro
11.30 a 13.30 h.
4 a 7 anos

A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia