domingo, 5 de enero de 2014

Cabalgata Reyes Magos Lugo 2014

Horarios y recorrido cabalgata Reyes Magos Lugo 2014
 
Repartiranse maís de 1.600 quilos de caramelos no percorrido desde o Parque da Milagrosa á Praza Maior

O Concello de Lugo organiza un ano máis a Cabalgata de Reis que permitirá a nenos e maiores disfrutar da maxia e da ilusión chegadas desde Oriente na tarde de hoxe 5 de xaneiro.

A comitiva real sairá ás 18.00 horas do Parque da Milagrosa, subirá pola rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Praza do Ferrol, Rúa Bolaño Rivadeneira, Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e chegada á Praza Maior aproximadamente ás 19.00 horas. Na Casa do Concello, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos pola Coorporación Municipal co Alcalde, José López Orozco á cabeza. Os Magos realizarán o seu tradicional pregón desde a balconada da Casa do Concello e posteriormente recibirán aos nenos e nenas.

Durante o percorrido ata a Casa do Concello desde as carrozas participantes repartiranse máis de 1.600 quilos de caramelos. No seu trono real situado no primeiro andar da Casa Consistorial as Maxestades de Oriente repartirán 2.500 bolsas de lambetadas para todos os nenos e nenas que se acheguen. Ademais haberá numerosas sorpresas ao longo do percorrido.