jueves, 16 de enero de 2014

Concierto Love of Lesbian en Vigo febrero 2014

As entradas para o concerto de Love of Lesbian, que se celebrará o vindeiro venres 21 de febreiro no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, esgotáronse tan só doce horas despois de poñerse á venda na plataforma de venda de entradas de Servinova, a través da súa páxina WEB www.servinova.com , e na billeteira telefónica, 902 504 500. 
Love of Lesbian presentará en Vigo o seu traballo «La noche eterna. Los días no vividos» despois de ter suspendido o seu concerto na cidade, previsto para o pasado verán no Auditorio de Castrelos, ao coincidir co tráxico accidente ferroviario de Santiago.  A banda, que só nos últimos dous anos percorreu máis de 150.000 km en toda a península, ofreceu xa 150 concertos para máis de 250.000 persoas. Están recoñecidos como unha das bandas máis populares no panorama indie actual, como reflicten os seus máis de 142.000 seguidores en Facebook e 60.000 en Twitter. «La noche eterna. Los días no vividos» é o sétimo álbum deste grupo catalán, un álbum dobre formado por 18 temas. O disco céntrase na noite e o anonimato dentro dunha gran cidade, “todo o que se pode vivir pola noite e tamén todo o que deixas de facer por vivir a noite. Pequenas historias de seres anónimos e noctámbulos que transcorren entre el ocaso e a madrugada e nas que se mesturan a realidade e a ficción”.