sábado, 11 de enero de 2014

Festa do Botelo O Barco 2014

Festa do Botelo no Pavillón de Calabagueiros O Barco 2014

Sábado 18 xaneiro 2014

O xantar degustación dará comezo ás 14h30, a organización ten previsto a asistencia de 950 persoas que darán conta de cincocentos quilos de botelo e chourizos elaborados por García Marcos de Viana do Bolo e cociñados por Obdulia Fidalgo e o equipo da Pulpería Piernas do Barco, xunto con cachelos e repolo. Serviranse tamén tortas de roxóns da Panadaría Santigoso como sobremesa e viño tinto da Cooperativa Jesús Nazareno do Barco.
Un par de horas antes, ás 12h30, terá lugar no Salón de actos do IES Martaguisela o Pregón e a entrega da Mención de Honra. O pregón desta decimo cuarta edición será lido por Carlos García Hervella, fotógrafo e editor do xornal O Sil. A Mención de Honra será outorgada a Rita Barrio Moldes, como recoñecemento o seu labor a cargo dos fogóns de Casa Ignacio de Viloira.
As entradas para asistir ao ágape poden retirarse, ao prezo de 14 euros, a partir do día 10 de xaneiro na conserxería do Conservatorio de Música entre as 16 e as 21 horas