jueves, 23 de enero de 2014

Santi Millán en Vigo con el espectáculo Santi Millán Live

Música e humor no espectáculo de Santi Millán na Fundación Novacaixagalicia

 Santi Millán Live! é o título do monólogo
Coa colaboración do cómico revelación Javi Sancho
Entradas á venda na web de Servinova


A Fundación Novacaixagalicia acollerá mañá venres 24 ás 21.30 h. o espectáculo Santi Millán Live!, que terá lugar na cidade viguesa no Centro Cultural da entidade, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13. 

Millán chega aos escenarios, desta volta, co monólogo máis divertido e persoal da súa carreira co que está a facer unha xira por todo o territorio nacional, con parada en Galicia. As entradas para o espectáculo xa están á venda nas canles habituais de comercialización de localidades da fundación galega: a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.

 Santi Millán Live! é un monólogo cheo de humor fresco e orixinal, con efectos audiovisuais espectaculares, boa música, moitas sorpresas e a xa habitual interacción co público que o artista sempre provoca. Millán ofrecerá aos espectadores, sen dúbida algunha, unha noite inesquecible de humor que mantén o seu estilo humorístico habitual. Santi chancea acerca do seu sono de ser unha estrela da canción, así que, finalmente, se decidiu a estrear un grande espectáculo para levar ao teatro tres das súas grandes paixóns: a música, o sexo e o humor. Millán conta coa colaboración do cómico revelación Javi Sancho, un alumno avantaxado que acompaña ao anfitrión por toda súa xira nacional