viernes, 7 de febrero de 2014

Concierto Vargas Blues Band en A Estrada

CONCERTO DA VARGAS BLUES BAND NA ESTRADA

O vindeiro sábado 15 de febreiro ás 22.00 h terá lugar a actuación no Teatro Principal da Estrada da VARGAS BLUES BAND.

Unha das bandas de rock e blues máis importantes do panorama internacional. Con máis de 20 anos de traxectoria e actuacións por todo o mundo, Javier Vargas, líder e fundador do grupo, ten colaborado con artistas da talla de Santana, Prince, Miguel, Ríos, Raimundo Amador ou Glenn Hughes.

No concerto do Principal todos os incondicionais da banda poderán escoitar as cancións de Heavy city blues, o último traballo da banda no que Javier saca a relucir as súas influencias máis roqueiras, as do rock dos 60´s y 70´s, sen perder de vista o blues. Un disco no que  colaboran artistas  coma Carmine Appice ou Paul Shortino.

As entradas, que serán postas á venda  a partir do vindeiro luns día 10 no Departamento de Cultura da Estrada,  despacharanse ao prezo de 8´00 €.