viernes, 14 de febrero de 2014

De tapas por Arteixo 2014

Dezaséis locais se afanarán ata o domingo por gañar o favor popular que lles proclame vencedor do IV Concurso de Tapas. 

Montadiño de segredo acompañado de compota de mazá e salsa de viño de Oporto; croca en salsa con guarnición, ovo de mar ou "cágate lorito" son algunhas das delicatessen que ofrecerá a hostalería de Arteixo neste tradicional certame que pretende axudar ós seus negocios "en tempos difíciles" e amplia-la oferta de ocio para os cidadáns. O contou esta mañá en rolda de prensa, Luis Ángel Espiñeira que é o presidente do CCA. 

O prezo de cada unha das tapas será de 1'5 euros. Os participantes votarán pola que máis lles guste e optarán a un premio de 300 euros en vales de compra dos comercios integrados no CCA. 

Os establecimentos que participan nesta edición de ‘De Tapas por Arteixo’ son 40 y Tantos; A Tosta; Barr; Bata de Guata; Café Bar Rancho “El Molino”; Café de Fábula; Cafetería Castelao; Cervexería Pizzeria Arrincadeira; El Naranjo de Mamá Chico; La Brasería de Arteixo; Restaurante Balneario; Swells Bar; Taberna A Baiuca; Triskel Bar de Tapas; Ek Chuah e Vinoteca O Refuxio.