miércoles, 26 de febrero de 2014

Festa do Mexillón Bueu 2014

Benigno Campos “O Larpeiro” imparte unha master class sobre o mexillón en Bueu

O 'Larpeiro' estará hoxe mércores na cociña do local Xantar de Bueu para impartir unha clase
sobre os distintos métodos de cociñar o mexillón. 

O evento, encadrado dentro da programación da Festa do Mexillón, comezará ás 19:30 horas e terá aforo limitado.

O programa da I Festa do Mexillón iniciase mañá á tarde coa presenza do célebre cociñeiro do
programa 'Larpeiros', Benigno Campos, que visitará Bueu para impartir unha master class sobre as
distintas formas de cociñar o mexillón. O evento de inauguración comezará as 19:30 horas e terá
lugar no local Xantar de Bueu, situado no baixo do número 45 da rúa Ramón Bares.
O evento terá un aforo limitado de 50 prazas, polo que o local abrirá as súas portas media hora antes
do inicio da actividade, as 19:00, para que os interesados en asistir á clase poidan inscribirse. Pola
súa banda, o club Bueu Atlético, organizador do evento, reservará un total de 10 prazas para repartir
entre os colaboradores da Festa.

Ao finalizar a master class, Benigno Campos ofrecerá unha sinatura de libros no propio recinto da
actividade, que abrirá as súas portas para todo aquel que queira asistir a firmar o seu exemplar. Este
evento conta coa colaboración da Librería Miranda.

Numerosas actividades
A clase de cociña suporá a inauguración oficial das actividades propostas para a I edición da Festa
do Mexillón de Bueu, que ten organizado o día grande para o domingo 2, con motivo do inicio da
celebración do Entroido.

O xoves realizarase unha charla-coloquio baixo o título “Mexillón de Galicia, unha actividade
sostible”, na que se tratarán distintos temas relativos a un dos sectores máis importantes do
municipio de Bueu, o mexillón. As actividades continuarán o venres cun campionato escolar, que se
celebrará no pavillón municipal de Beluso.