lunes, 10 de febrero de 2014

Las mejores fotos de naturaleza en Lugo

Lugo, primeiro destino das mellores fotos da natureza 

«Fotógrafos da natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year» estará aberta ata o 12 de abril

Este ano foron premiados 72 fotógrafos de 18 países europeos

A Fundación Novacaixagalicia inaugurará mañá no seu centro sociocultural de Lugo a mostra «Fotógrafos da natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year». Logo da súa estrea na cidade da muralla, este proxecto expositivo itinerará por outros centros da fundación en Galicia. 

O concurso European Wildlife Photographer of the Year iniciouse no ano 2000, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT nas súas siglas en alemán). Ao longo dos seus trece anos de vida, o número de participantes foi aumentando de maneira notable, de tal xeito que o á convocatoria do ano 2013 presentáronse un total de 1328 fotógrafos, procedentes de 39 países europeos, con 16.542 imaxes. 

A fotografía gañadora, Movementos nocturnos, do británico Alenxander Mustard, estará tamén exposta en Lugo. 

Data : Desde o 11 de febrero ao 12 de abril 
Lugar: Centro Sociocultural da FundaciónNovacaixagalicia en Lugo
Horario do centro: De luns a venres, de 18.00 a 21.00 h e sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h
Teléfono 982 289 096 (previa reserva para concertar visitas guiadas)