martes, 25 de marzo de 2014

Galipizza e Heredeiros da Crus concerto Sala Shoko en Madrid

GALIPIZZA E O GRUPO 'HEREDEIROS DA CRUS', Á CONQUISTA DE MADRID
'Heredeiros da Crus' proponse conquistar Madrid o 31 de maio coa axuda do seu exército de fans e de Galipizza. A cadea de restauración mariñana patrocina este evento que pretende convertir o día do concerto nunha auténtica festa galega en Madrid.

Todos os membros da formación ribeirense participaron na presentación do evento. Fran Velo, Tonhito de Poi, Tucho, Javi Maneiro e Manu Rey anunciárono o pasado venres nunha multitudinaria rolda de prensa no restaurante Galipizza, en Culleredo, que patrocinará o concerto, o 31 de maio ás 20.30 horas na Sala Shoko de Madrid.
Os ‘máis jrandes’ fletarán varios autobuses desde Galicia para encher en Madrid, que percorrerán o camiño ata a capital en carabana. Á chegada haberá un xantar de confraternización entre os fans procedentes de Galicia e os residentes en Madrid.
Froito da colaboración con Galipizza os autobuses farán paradas na autovía nas que os fans poderán degustar as pizzas e hamburguesas deste restaurante, que tamén servirá a cea na propia sala do concerto á noite.
As entradas están xa á venda con varios prezos: 12 euros na modalide anticipada, 18 euros en taquilla, 40 euros a entrada e a viaxe desde Galicia, 32 euros a entrada e a comida, e 55 euros a entrada, a viaxe o xantar á chegada á capital.
Unha hora antes da rolda de prensa xa comezaban a chegar ao restaurante Galipizza, en Culleredo, os primeiros fans dos Heredeiros da Crus, que prometeran nas redes sociais agasallos para os vinte primeiros (levaron unha camiseta cun deseño exclusivo). Sobre as once e media chegaban os protagonistas, e no local eran todo rumores sobre o que os máis jrandes tiñan pensado anunciar: un concerto en Madrid, pero non un concerto calquera.
“Xa estivemos en Madrid, e xa triunfamos en Madrid, pero despois de tantos anos temos agora algo novo que ensinar na capital, e son os mellores fans do mundo”, asegurou Tonhito de Poi. Por iso, os Heredeiros, coa colaboración precisamente de Galipizza, preparan toda unha excursión en vintecatro intensas horas para a que están citados os seguidores da banda de Ribeira: viaxe desde Galicia en autobús, xantar de confraternización cos fans residentes en Madrid, gran concerto e volta a casa.
Os prezos, en diferentes bonos: entrada e xantar a 32 euros, entrada e bus a 40 euros, e entrada con xantar e bus a 55 euros. Para quen prefira asistir só ao concerto, a entrada terá un prezo de 12 euros na modalidade anticipada e de 18 euros en taquilla.
As entradas en todas as modalidades están xa á venda en tenda.airapro.com, e desde a semana próxima estarán tamén dispoñibles en Galipizza (Culleredo), Nikis Galicia (Santiago de Compostela) e Senave Pinturas (Ourense).
A rolda de prensa serviu tamén para que os Heredeiros poideran adiantar outras novidades relativas á súa actividade os próximos meses. Unha delas, a colaboración no novo disco benéfico da orquestra Panorama, cun tema inédito,‘Buscando la superfama’. Tamén anunciaron o seu primeiro concerto no Barbanza desde o ‘rejreso’, unha das grandes demandas dos seguidores dos Heredeiros da Crus, que non teñen ocasión de ‘josar’ cos seus ídolos na súa terra desde hai máis de dez anos.
O grupo pretende seguir demostrando que está completamente en forma e que seguen sendo a proposta musical e de espectáculo con máis capacidade de convocatoria en Galicia