miércoles, 12 de marzo de 2014

The Hole burlesque, cabaré y música una creación de Paco León, Yllana e LetsGo

A Fundación Novacaixagalicia xa ten á venda as entradas para o espectáculo The Hole

Unha combinación de música, circo, cabaré, burlesque e humor 

A Fundación Novacaixagalicia ten xa á venda as entradas para o espectáculo The Hole, unha creación de Paco León, Yllana e LetsGo. As localidades están dispoñibles nas canles de comercialización habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, aberta en horario de 8.00 a 22.00 h. 

O espectáculo chegará a Vigo, ao Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13, o día 30 de abril e permanecerá na cidade ata o 4 de maio coas seguintes funcións: mércores 30, ás 20:30 h; xoves 1 e venres 2, dobre función, ás 19:30 h e ás 22:30 h; sábado 3, dobre función, ás 20:00 h e ás 23:00 h; e domingo 4, ás 18:00 h.

The Hole é un espazo canalla no que gozar cun espectáculo fresco e descarado, que mestura o circo, o burlesque, o cabaré, a música e o humor. O teatro do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia hase converter nun auténtico cabaré, nun lugar engaiolante onde vivir unha experiencia única na que as fronteiras dos xéneros das artes escénicas desaparece. 

A proposta de Paco León, Yllana e LetsGo é unha gran festa conducida por un especial mestre de cerimonias na que o público ha ver grandes artistas nacionais e internacionais, stripteases, números circenses realizados por artistas de consagrada traxectoria, e poderá presenciar, incluso, unha gran historia de amor, o leitmotiv do espectáculo.