martes, 22 de abril de 2014

Ciclo de Teatro en Negreira 2014

Nove xornadas cun total de once representacións conforman o programa do Ciclo de Teatro 2014 que comeza este xoves 24 de abril coa obra «Pío», de teatro infantil, a cargo de Caramuxo Teatro, ás seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural.


O grupo de teatro municipal de Ames, coa obra «Véndese», o venres 25 ás nove da noite; e maila a Aula de teatro do CPI de Touro, o sábado 26 ás oito do serán representando «Na procura da fantasía», compretan as tres primeiras xornadas.


En maio, chegarán cinco xornadas, coa excepción da segunda fin de semana de mes que por mor da celebración do Desfile de Moda. Metátese Teatro, de Palas de Rei, o venres 2 coa obra «A gran final»; o venres 23 o grupo Pinchacarneiro, de Lugo, coa obra «Os perseguidores de soños»; o sábado 24 coa compañía Mala Sombra e a súa representación «Go on»; e compretándose na última fin de semana coas representacións da Escola Municipal de Teatro. O venres 30 coa posta en escea de «2033 Cabaret Musical»; e o sábado 31 coas tres representacións por grupos de idades.

A última representación do Ciclo de Teatro chegará o venres 6 de xuño con «Dísques», a cargo de Teatro Solidarios As Ínsuas, de Muros.