lunes, 14 de abril de 2014

Concentración Moteira Beiras do Miño Lugo 2014

A II Concentración Moteira Beiras do Miño terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo

 Dentro do programa de actividades destaca a Feira da Moto 2014 e a actuación da orquesta Panorama, El Pirata, Sherpa e Riff Raff  

Nesta segunda edición, na que se une a feira da moto e bicicleta co concentración motera Beiras do Miño haberá unha exposición coas últimas novidades e innovación do mundo da moto e da bicicleta repartidas en máis de 12.000 metros cadrados. Ademais tamén se acompañará cun amplo programa de de actividades como concertos, actividades infantis, ou espectáculos de trial e motocross. Na organización deste evento tamén participan máis de 20 clubes motoristas de toda a provincia de Lugo.

Carmen Basadre indicou que “esta actividade é un motivo máis para que moitas persoas amantes do motor se acheguen a Lugo e coñezan a nosa cidade ademais de desfrutar das actividades que teñen preparadas para eles.

Ademais, todas as persoas que se inscriban para asistir á Concentración poderán desfrutar de diversas actividades exclusivas como zona de concertos, exhibicións, aparcamento ou acampada. 
Para máis información no teléfono 982.285.200 ou no 661.550.469