sábado, 12 de abril de 2014

Exposición de Camelias en Lugo

A cidade de Lugo acolle hoxe sábado 12 de abril a I Exposición de Camelias 

 Terá lugar no Mercado de Abastos e durante todo o dias as persoas interesadas poderán desfrutar das variedades de camelias que achegan os 16 expositores  

A idea xurdiu por parte da Asociación do Mercado e considera que “é unha boa oportunidade para promocionar o Mercado e tamén a cidade de Lugo ademais no primeiro fin de semana da Semana Santa”. 


Durante toda a xornada os amantes desas prantas  e os curiosos que se acheguen poderán  desfrutar dos centos de variedades de camelias que reúnen 16 expositores chegados de toda Galicia