viernes, 18 de abril de 2014

Festa do Boi Allariz 2014

Festa do Boi Allariz 2014
Do 14 o 22 de xuño
Por primeira vez nos últimos 31 anos os bois que protagonizarán a festa medieval de Allariz procederán do propio concello. Para as carreiras do 2014 utilizaranse catro bois criados nos montes de Penamá dentro dun programa municipal de aproveitamento dos recursos endóxenos e potenciación do medio rural impulsando a economía do sector primario. Para darlle maior realce a esta novidade, o programa festivo aumenta o seu horario e incorpora unha xuntanza veciñal o sábado día 14, con chegada dos bois de Penamá á aldea rehabilitada de San Salvador dos Penedos.
Ademais do Trato do Boi, a Festa do Boi 2014 revivirá a Entrega do sedeño ós veciños por parte do fiscal, xesto co que se dá autorización para o inicio dos festexos. Será o sábado, día 14. A continuación, o domingo 15, celebrarase a Procesión medieval de Xan de Arzúa, coa participación de máis de 200 veciños, organizados en gremios e autoridades. Seguindo a documentación aportada por estudosos como Xosé Puga Brau e outras referencias históricas, recréase a procesión do ano 1317, na que Xan de Arzúa arremeteu contra os xudeus dando orixe á actual Festa do Boi