martes, 8 de abril de 2014

Festa do choco de Redondela 2014

FESTA GASTRONÓMICA DO CHOCO 2014

O Concello de Redondela, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela, organiza a 28 edición da Festa Gastronómica do Choco, que se celebrará o 10 e 11 de maio de 2014.

Coma en anos anteriores, instalarase no Campo da Feira unha carpa con postos de restauración e stands de venda.

As bases para participar estarán na páxina web do Concello de Redondela, na Asociación de Empresarios ou no propio Concello. As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Redondela ata o 14 de abril. Ver más en Turismo Redondela