miércoles, 23 de abril de 2014

Gala contra O cancro da Orquestra Panorama

A Fundación Novacaixagalicia colabora un ano máis na gala contra o cancro da Orquestra Panorama

Vilagarcía volve ser o escenario que acolle o concerto
As entradas están á venda na web de Servinova, www.servinova.es, e no 902 504 500

A Fundación Novacaixagalicia volve colaborar coa Gala Panorama en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Así o fará saber na rolda de prensa que terá lugar mañá, ás 13.00 h, en FEXDEGA e na que participan M.ª José Crespo, presidenta en Pontevedra da AECC (Asociación Española Contra o Cancro); Lito Garrido, Orquestra Panorama; Gloria Rodríguez, directora de comunicación e RR. EE. da Fundación Novacaixagalicia; e Tomás Javier Fole, alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa. 

A VII Gala contra o Cancro da Orquestra Panorama celebrarase o vindeiro venres 2 de maio no recinto exterior de FEXDEGA en Vilagarcía, nun evento que ten as expectativas de superar os 20.000 espectadores que congregou en anos anteriores. 

A Fundación Novacaixagalicia, en liña cos seus obxectivos fundacionais e coa súa misión, visión e valores, ampara a iniciativa doando o importe dos gastos de xestión derivados da venda das entradas para a actividade a través de Servinova, a súa billeteira electrónica.

Os programas sociais e o apoio a entidades que traballan pola inclusión e pola protección dos dereitos e necesidades fundamentais son, xunto ao fomento do emprego e da cultura, a formación e os maiores , o cerne da entidade galega. Nesta liña e con estes obxectivos, a Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira das obras sociais das caixas, vén colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro, nas súas distintas delegacións, desde o ano 2002; unha serie de axudas que achegaron o seu gran de area a desfiles, ceas e galas benéficas a prol desta asociación. Agora, un ano máis, súmase á VII Gala Contra o Cancro da Orquestra Panorama doando á AECC a contía obtida polos gastos de xestión derivados da venda electrónica das entradas do espectáculo.

Ver programa y actuaciones Gala contra el cáncer Panorama 2014