martes, 15 de abril de 2014

GastroSouvenir en Semana Santa e Catas de Viño Galego

EN SEMANA SANTA  auxe do GastroSouvenir e  II  Ciclo de catas de viño Galego, en abril e maio

  



Desde a perspectiva que, na actualidade a clave neste sector e do turismo gastronómico, radica nas sensacións e experiencias, e desde este punto de vista GASTROTECASCQ constitúese como unha tenda -física e virtual- para estimular os cinco sentidos e dar a coñecer valores auténticos e singulares da enogastronomía de Galicia.

Mesmo que a Gastroteca nace como tenda de barrio, para ofrecer máis alternativas aos veciños e veciñas de Compostela, que son ademáis nosos clientes VIP, ao estar Situado no corazón do casco histórico Compostelano, GastrotecaSCQ é xa un grande promotor e difusor da calidade da enoloxía e gastronomía galega a través do GASTROSOUVENIR, dado que poñemos en valor produtos só galegos seleccionados en base á súa calidade, a D.Orixe, aos detalles da súa produción e a historia dos seus produtores, primando aos pequenos productores  a fabricación artesán e as cooperativas Galegas.

Dámoslle moita importancia á innovación e froito desa creatividade nacen as NASAS by Gastroteca, un packaging moi peculiar que gustou moito e cada vez gusta máis 

Parte deste compromiso coa promoción do produto galego inclue a celebración de catas de produtos e viños galegos, na nosa sala de cata, celebrámolas periódicamente, moitas delas gratuitas previa reserva. Tamén realizamos cursos e catas privadas de produto galego feitas “a medida” denominadas GastroExperiencias en Santiago de Compostela.


Ademáis agora en abril e maio continua o II  Ciclo de catas de viño Galego,  coas seguintes actividades..


Lugar GastrotecaSCQ
Localización Preguntoiro 34, 15704 Santiago de Compostela
Hora de inicio 21:00:00

1. Un paseo polo ribeiro con Manuel Formigo
25 de abril 21 h. en Gastroteca
co Bodeguero Manuel Formigo

2. Coto de Gomariz* Experiencie
09 maio
Enólogo  invitado Xose Lois  Sebio

3. Cata "os 7 fantásticos" con Patxi Movilla
10 de maio en Forcarei 
Cata guiada por Patxi Movilla
  
4. Pagos del Galir * Experience
15 maio

5. “Cata vertical de Ribeiros con Aurelio”
30 de Maio
Acompáñanos Aurelio Vázquez