viernes, 4 de abril de 2014

Programa Feira Artesanía do Ferro Riotorto 2014

VIII FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘14
O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 13 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Fonsagrada, Guntín Santiago e Santa Eulalia de Oscos. As demostracións en vivo deixarán paso as demostracións de olería, talla de madeira, cestería, cantería, talla en madeira e carbón vexetal, así como espectáculos de animación ofrecidos pola compañía Volta e Dalle co persoaxe Buqueiras e Os Feirantes a cargo da compañía Os Quinquilláns.  A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán tamén máis de 100 expositores de diferentes especialidades e que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro, madeira, fimo, mármol,…  (corenta se ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación e productos de diversa índole estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao recinto feiral.

VIII FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
DOMINGO 13  DE ABRIL
11,00 APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos Ferreiros de Riotorto, Obradoiro do Ferro Infantil, Talla Madeira, Alfarería, Carbón Vexetal, Torneado de madeira, Artesáns, Demostración en vivo da artesanía do Ferro.
11,15  DEMOSTRACIÓN OFICIOS TRADICIONAIS
 TORNEADO DE MADEIRA a cargo de Jesús Iglesias (Ortigueira)
ALFARERÍA a cargo de Os de Laura (Buño)
TALLA DE MADEIRA a cargo de Roberto Figueira (Rianxo)
                OBRADOIRO DE CARBÓN VEXETAL (ata as 17,00 horas)
12,00     INAUGURACION OFICIAL da VIII FEIRA DA ARTESANÍA DO  FERRO
Actuación musical dos GAITEIROS DE RIOTORTO e do CORO DE RIOTORTO
12,30     DEMOSTRACIÓN EN VIVO da Artesanía do Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro de Santiago de Compostela)
Animación de Rúa a cargo cargo da compañía Os Quinquilláns co espectáculo OS FEIRANTES”
13,00                     OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco    FRIEDRICH BRASMSTEIDL
13,30     Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo BUQUEIRAS”
16,30                     DEMOSTRACIÓN OFICIOS TRADICIONAIS
 TORNEADO DE MADEIRA – ALFARERIA – TALLA MADEIRA – CARBÓN VEXETAL
                DEMOSTRACIÓN EN VIVO da Artesanía do Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro de Santiago de Compostela)
                               Animación de Rúa a cargo da compañía Os Quinquilláns co espectáculo OS FEIRANTES”
OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco    FRIEDRICH BRASMSTEIDL
18,00     Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo “BUQUEIRAS”
19,30     Actuación Musical no recinto feiral
O recinto feiral estará cuberto baixo carpa Degustación de Polbo e Comida