sábado, 5 de abril de 2014

Semana Santa Cangas 2014

Programa Semana Santa Cangas 2014

A Semana Santa de Cangas, declarada de Interese Turistico Galego, conta con
numerosas procesións nas que se poden observar tallas articuladas de gran calidade
artística. Como novidade este ano, destaca que na procesión de San Pedro, que se
celebra o Venres Santo ás 6 da mañá, tamén sairá a imaxe de María Magdalena. Outro
dos cambios é que a figura do Cristo da Pila ou Cristo que non quixo arder, que sempre
protagoniza a procesión do Silencio o venres ás 00,00 horas, tamén sairá na marcha do
Santo Enterro portada por membros de Protección Civil.

O Sábado día 5 de abril a partir das 8 da tarde terá lugar a lectura do pregón a cargo do
párroco de Beluso José Antonio Santos, nativo de Cangas, quen afirmou estar “moi
ilusionado con facer o pregón. É unha sorte contar cunha Semana Santa como a que
temos e hai que tratar de potenciala e mellorala cada ano”. Tras o pregón dará comezo
un concerto no Templo Parroquial a cargo da Banda de Música Belas Artes, que
interpretará marchas procesionais.

Berta Pérez destacou que este acto supón o punto se saída de cara a festividade de
Semana Santa e declarou que “ o Concello está implicado ao 100%” e felicitou ás
cofradías polo seu traballo de cada ano declarando que “ o goberno local sempre lles
prestará o seu apoio”.

Encontro Nacional de Cofradías
O presidente coordinador de Cofradías, Manuel Gil anunciou que están traballando para
que no ano 2016 o Encontro Nacional de Cofradías se poida levar a cabo en Cangas o
cal suporá a presencia de entre 200 e 240 cofradías de toda España e a visita de máis de
600 persoas á nosa vila.