domingo, 25 de mayo de 2014

Tapéate Compostela 2014 ruta de tapas

Tapéate Compostela 2014 é un concurso e ruta de tapas en Santiago de Compostela, promovido polo Colectivo SCQ e organizado por Gastrodestinos.
Turistas e composteláns poderán gozar de saborosas tapas especiais e orixinais a só 2 € do 6 ao 21 de xuño de 2014. Durante eses días, organizaranse rutas ao longo da cidade tanto na zona vella como na nova.

A acción ten como finalidade a dinamización turística da capital galega e a posta en valor dos productos de tempada e de proximidade dentro dunha oferta gastronómica de calidade. Conta coa colaboración de Turismo de Santiago, o Mercado de Abastos e Estrella Galicia, entre outros
Tapéte Compostela é un concurso de tapas aberto a todos os establecementos da cidade de Santiago de Compostela


O concurso de tapas desenvolverase baixo o tema de “O PRODUCTO DO MERCADO” como promoción do producto propio, galego, de tempada e de calidade.
Como concurso de tapas, Tapéate Compostela presenta importante novedades tanto organizativas como de premios para os locais participantes. O prezo de cada tapa será de 2,00 € (bebida non incluida) e as tapas terán que ser elaboradas con produtos de calidade da nosa terra, e de tempada que poidan ser adquiridos na Praza de Abastos de Santiago
Os gañadores serán determinados por un xurado composto por profesionales da hostelería, restauración, gastronomía, docencia…. e presidido por un profesional da gastronomía de recoñecido prestixio e recoñecemento.
A gala final celebrarase o 30 de xuño e estará aberta ao todo o público compostelano. Na gala os/as finalistas terán que elaborar e presentar en directo a tapa ao xurado. O xurado determinará na gala os tres premidos en Tapéate Compostela 2014.
Tamén existirá un premio do público para a mellor tapa entre as votacións que o público faga nos establecementos.