lunes, 9 de junio de 2014

Festa da langosta A Guarda declarada de interés turístico de Galicia

Festa da langosta e da Cociña Mariñeira A Guarda 2014
Este ano 24 edición os días 5 e 6 de xullo como festa de interés turístico de Galicia.
Este distintivo recoñece a traxectoria da nosa festa gastronómica que ó longo das súas 23 edicións foi adquirindo renome e actualmente destaca entre as festas gastronómicas galegas.
No mes de decembro remitiuse a solicitude para a declaración que se aprobou no Consello da Xunta o pasado xoves 5 de xuño. Con esta aprobación a Xunta recoñece que a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira cumpre cos requisitos definidos no Decreto 39/2001, regulador da Declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia.
Esta festa naceu coa finalidade de ser unha exaltación deste marisco e unha posta en escena dos restauradores guardeses como atracción gastronómica. A primeira edición tivo lugar o domingo día 9 de xuño de 1991. Ó longo das edicións a festa foi ampliando en días de celebración, produtos e pratos ofertados e a programación cultural.
Grazas a calidade dos peixes e mariscos da pesca de baixura foise creando unha recoñecida gastronomía onde a langosta é a raíña da cociña guardesa. Tamén adquiriu un importante prestixio grazas a que moitos coñeceron a langosta da Guarda ó ser exportada a diferentes puntos do territorio español. En definitiva, o éxito da festa e deste distintivo débese ó esforzo e traballo dos restauradores da Guarda.