viernes, 13 de junio de 2014

San Xoan 2014 en Carballo

San Xoan 2014 en Carballo
Programa festas San Xoan Carballo 2014 con moitos concertos como os de Efecto pasillo, "Cantando a Galicia" e o Rockin' que centran o San Xoán xunto coas cachelas, o descenso e a Festa do Bosque

O San Xoán 2014 chega con aires de renovación e mantendo as citas tradicionais coa ilusión de que "calquera persoa poda encontrar unha actividade ao seu gusto", segundo explica a presidenta da Comisión de festas, María José Souto.
A renovación chega coa presenza nas redes sociais para implicar a toda a cidadanía -con Facebook, con xa 650 seguidores, e Twitter- e ten as súas citas centrais entre o domingo 22 e o domingo 29 de xuño. Continúan o Concurso de Cachelas e o Descenso do Anllóns; a Festa do Bosque serve de novo como peche do programa; a música multiplícase co pop de Efecto Pasillo, a verbena nostálxica "Cantando a Galicia" e a música cañeira do Rockin'; e, coma sempre, proliferan as citas culturais e deportivas. A presentación do programa deste ano principiou coa entrega do premio do Concurso do Cartel de San Xoán 2014.
Recaeu en Laura Torrrado, unha carballesa que, en verdas da Concelleira de Festas, Belén Lendoiro, creou unha imaxe "fresca, sinxela e moderna". Dotado con 450 €, o galardón foi entregado por Belén Enríquez como representante de Opticalia Enríquez. Este ano o San Xoán conta cun orzamento que rolda os 100.000 euros, enxugados polos ingresos da revista do San Xoán -30.000 euros- e das barracas -24.000-. O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo transmitir os seus parabéns á Comisión porque "co orzamento máis baixo dos últimos anos" e grazas ao seu esforzo manteñen o elevado nivel da festa

Programa completo: