domingo, 22 de junio de 2014

Tapearte A Guarda 2014

O Concello da Guarda ofrece esta fin de semana rutas de pinchos e tapas con “Tapearte A Guarda”, ruta gastronómica na que participan un total de 20 restaurantes e bares da nosa vila, ofrecendo unha tapa de calidade a un prezo único de dous euros. 

A ruta coincidirá este domingo coa celebración das Alfombras Florais do Santísimo, que se realizan dende hai máis de 25 anos en diversas rúas e prazas do casco antigo da Guarda. Deste xeito, permítese dar a coñecer este gran traballo, vinculando esta labor á gastronomía. 

Para premiar aos participantes podedes seguir participando no sorteo de dúas fins de semana para dúas persoas no Parador de Tui e no Hotel El Molino da Guarda. Cada establecemento entrega unha papeleta por cada consumición para poder participar no mesmo.