martes, 29 de julio de 2014

Hoy Malú en Vigo

Malú, a popular "coach" de "La Voz" e "La Voz Kids"  actúa en Vigo hoy martes 29 de xullo,ás 22:30 horas, en Castrelos presentando a súa xira "Sí" cunha espectacular montaxe visual. A popular cantante presenta o seu novo traballo ademais de facer un repaso polos éxitos cos que leva triunfando desde que comezou a súa carreira, con tan só 15 anos.

O concerto de Malú é un espectáculo de dúas horas que inclúe cambios de vestiario, unha espectacular montaxe visual con constantes xogos de luces, pantallas, etc… e sobre todo a súa potente voz e derroche de enerxía que demostran que a cantante vive un dos momentos máis doces da súa carreira.

Malú desenvolveu unha das carreiras máis sólidas e respectadas da música en España con máis de dous millóns de copias vendidas, dez discos publicados, 19 discos de Platino e numerosos recoñecementos entre eles a nominación aos Grammy Latinos 2011 na categoría de "Mellor Álbum Vocal Pop Feminino".

O seu disco "Si" leva xa 35 semanas no top 10 superando as 80.000 copias vendidas e o seu anterior traballo, "Dual", volveu a entrar na lista de ventas.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente en Servinova (www.servinova.com / 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), a un prezo de 8 € (máis gastos de xestión). No despacho de billetes do auditorio, o día do concerto, terán un prezo de 10 €. As entradas son para público de pé