sábado, 5 de julio de 2014

Hoy The Way of Flamenco en Santiago de Compostela

O Centro Cultural da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en  Santiago de Compostela, localizado na rúa do Vilar, 19, acolle o espectáculo The Way of Flamenco, un percorrido polos diferentes xéneros do flamenco, que terá lugar hoxe sábado 5 de xullo ás 19.00 h. Todos aqueles que desexen facerse cunha localidade poderana conseguir na propia billeteira do centro quince minutos antes do comezo do espectáculo.

The Way of Flamenco é un espectáculo enérxico, fresco e elegante que ao longo de 50 minutos logra fundir as melodías do flamenco co ritmo e a paixón do seu baile. O cante, o baile e a guitarra convidan a unha viaxe polos diferentes xéneros do flamenco que permitirá ao público gozar desta arte e achegarse a ela. O baile de Isaías Salazar, acompañado polo cante de Iria Peña e a guitarra de Miguel Flores, permite que os sons flúan con naturalidade e que comuniquen a paixón e a intensidade do pulso flamenco. Un trío capaz de conxugar versións de temas actuais, de El Farru, con soleares e martinetes da tradición máis antiga