Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro está de aniversario, e quere compartir con todos vós esta data tan especial.
Convidámosvos a visitar o Parque e a participar no fabuloso programa de actividades, pensado para a diversión de grandes e pequenos, que temos preparado para a fin de semana do 5 e o 6 de xullo.
Visitas pola área arqueolóxica con guías especializados, obradoiros e exhibicións con José Aurelio Munúa (responsable de actividades das covas prehistóricas de Cantabria), visitas teatralizadas a cargo de Quinquilláns e Volta e Dalle Teatro.
E por suposto, a entrada ao Parque e as actividades son totalmente gratuítas! Eso sí, non esquezades facer a vosa reserva o antes posible, xa que o aforo das visitas e os obradoiros é limitado