Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Concerto fados en Vilalba

Concerto de fados en galego para público de todas as idades, que chegará a Vilalba hoxe mércores 27 de agosto ás 18.00h na Praza da Constitución.
As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á músicatradicional, sen nunca deixar de ser fado.

Esta actividade pertence ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, organiza¬do pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado concerto no que Gonçalo Guerreiro porá a voz e que Dani Pais enriquecerá coa súa participación dixital e musical.
En caso de choiva celebrarase no auditorio Carmen Estévez