domingo, 24 de agosto de 2014

Feira de Oportunidades Redondela 2014

Redondela acolle o último fin de semana a Feira de Oportunidades dende o sábado 30 de Agosto (10:00 H a 23:00 H) ao domingo 31 de Agosto (11:00 H a 21:00 H) a cuarta edición de dita feira. Este ano serán 50 establecementos os que ofrecerán uns importantes descontos que poderán chegar ata o 70 % e poderás atopar comercios que ofrecerán os clientes todo o seu stock como tendas de confección, librarías, tendas de alimentación, xoiarías, zapatarías…
Ademáis, a feira contará con atraccións para os máis pequenos de balde, para maior comodidade dos pais.