sábado, 23 de agosto de 2014

Festival do Castro Pantón 2014

Xa está aquí o Festival do Castro, agardamos a invasión de festivaleiras e festivaleiros, en definitiva semente ceibe para ter máis Festival, para ter festa, coñecermos novos grupos, recargar bravú, folk e rock a esgalla, este ano non o podes perder, témolos a todos!!!

E insistimos, non é porque faga 35 anos que naceu o Festival do Castro, non é porque celebre a súa 14ª edición, nen porque a A.C. O Castro leve organizando nove ininterrompidas, insistimos porque o programa sen dúbida está no “Top Festival’s” do país, aínda que con frecuencia non lle fan xustiza os “mass media”, para iso estamos! Desta volta terás unha mostra do universo no Festival do Castro o 23 de agosto, non faltes!!

Dende a mañá abrimos dende as 11.00 horas coa Feira de Artesanía durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,… Calquera interesado en formar parte da mesma a través de festivaldocastro@gmail.com 

Para despedirnos da mañá, a partires das 13.00 horas estrenaremos nesta edición o Vermú Gaiteiro, foliada con gaita ou calquera instrumento aberto á participación libre e convite á 1ª volta ós músicos!


Xantar Popular ás 14.00 horas, ós prezos de 12 euros e 8 euros para <12 12="" 14="" 545="" 676="" 776="" a="" anos="" anticipada="" bado="" caf="" caldeiro="" carne="" con="" d.o.="" da="" de="" e="" empanada="" euros="" fallo="" fartar="" gotas="" herb="" hoxe="" lamboadas="" men="" modalidade="" n="" na="" no="" non="" o="" organizaci="" os="" p="" pementos="" podes="" posto="" pote="" prezo="" propio="" que="" refresco="" rematar="" reservar="" ribeira="" s="" sacra="" ser="" tam="" telefonando.="" ten="" vi="">

Café-concerto ás 16.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo do Ce Orquestra Pantasma, o Ironman de moda nos festivais galegos!

Actividades de tarde, especiais para o público miudo, dende as 18.00 horas nas costas do Castro. Con Peter Punk, estilo clown e gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid e, de seguido, Manicus co espectáculo Manualidades, malabares, teatro físico, paiaso, danza e pantomima, obrigado participar!

Anoitecer no Castro, ás 22.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior, desta volta con Habelas Hainas, música tradicional da terra nosa, se as escoitas saberás que o conto é certo…

Concertos do Festival do Castro, dende as 23.30 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico;

Korrontzi, banda vasca que estoupará o folclore vasco arredor da trikitika (acordeón diatónico), aclamados aló onde van!

Os Caralludos, grupo da comarca de Lemos, poñerán a música nos cambios e na carpa do Festival, novos talentos de pura D.O. Ribeira Sacra!

Os Diplomáticos de Monte Alto, o rock bravú dende 1989 e grupo de referencia deste movemento, será a única vez que os verás na zona, podes perdelo???

Eskorzo, banda granadina de rock, reggae, funk, música balcánica, drum&bass, afrobeat, jazz en xira no Amenaza Fantasma tour 2014, son uns incendiarios!!!

Zënzar, rock clásico con influencias punk, heavy e tradiciónais, dende Meirama na súa xira de 25 aniversario!

Xenderal poñerá a despedida do concerto, canta ragga, rap e beatbox, un pioneiro deste estilo en Galiza e claro defensor do hiphop.

E como sempre aínda non rematará a festa, chegaremos á mañá cedo con Sapoconcho sen Concho!!!, este será o no DJ de cabeceira nesta edición.

Insistimos, non terás ocasión de ver tanto mundo, tanta calidade e tanta axitación cultural en tan pouco tempo, en nun entorno tan agradable, non podes faltar, concertos de balde e con todos os eventos no recinto de O Castro (campo da Feira), terás servizo de bar, bocatería e wc, contamos con zona de acampada libre e poderás empregar servizo de bus para enlazar Monforte de Lemos co Castro en Pantón e á inversa, toda esta info e máis sobre medios de acceso en www.festivaldocastro.com