sábado, 2 de agosto de 2014

Programa fiesta Pulpo Carballiño 2014

Festa do pulpo do Carballiño do 1 o 12 de agosto

Con polémica por el cartel de la fiestas de este año llega la mejor fiesta del pulpo del mundo a O Carballiño



Esta  52 edición da Festa do Pulpo, que comezará o día 1 de agosto coa inauguración da iluminación artística nas rúas e a fachada do concello, ás 23:00 horas, tras a inauguración da iluminación chega a primeira actuación musical na praza maior a cargo da orquestra Nueva Xeración.
A partir dese día todos os días, ata o 12 de agosto, se sucederán as actividades para animar a semana grande do Carballiño, que terá como punto máis álxido en canto a participación se refire, o domingo 10 de agosto coa celebración da propia Festa do Pulpo no parque municipal.
Entre as actividades máis destacable estará a elaboración do prato de polbo máis grande do mundo, que terá lugar o martes 5 de agosto, dende ,as 18:30 horas na Praza Maior. Un prato de 5,10 metros encherase co produto típico do Carballiño, elaborado polas pulpeiras de Arcos.
Outra cita importante será dende o mércores 6 ata o venres 8. Os mellores cociñeiros de Galicia daranse cita nas Xornadas Técnicas Gastronómicas. Nomes como Rafa Centeno, estrela Michelin do restaurante Maruja Limón, Diego López cociñeiro do ano, do Restaurante La Molinera, ou o gañador do concurso televisivo Master Xefe de cociña Júnior, Mario. Esta actividade desenvolverase na Praza Emilia Pardo Bazán.
A música tamén será un prato forte desta programación, coas orquestras Nova Xeración o venres 1 de agosto, o concerto de Cantata Vernácula o martes ás 23:00 horas na Praza da Veracruz, o concerto do Alfonso Medela Quarter na mesma praza o mércores 6 de agosto ás 23:00 horas, a orquestra Sintonía de Vigo o venres, en primeiro pase ás 23:00, segundo pase ás 1:30 coa actuación de DKB-Dkuba ás 00:30, todos eles na praza maior. E a orquestra Mosaico o domingo 10 ás 19:00 horas.
Destacar dentro do programa o concurso de camiseta das penas, o sábado 9 de agosto,m a visita do camión de Vivamos como Galegos de Gadis e, mesmo sábado, a feira de artesanía dende luns 4 de agosto, festa da escuma para os pequenos o mércores na Praza Maior, ou os campionatos de 3 x 3 na Alameda