viernes, 22 de agosto de 2014

Programación Festival Revenidas Vilagarcía de Arousa 2014

FESTIVAL REVENIDAS 2014

XI Edición do Festival As Revenidas terá lugar outro ano máis no porto mariñeiro de Vilaxoán, en Vilagarcía
de Arousa durante os días 22, 23 e 24 de agosto do 2014. Un festival que fai fincapé nas propostas
musicais galegas e que contará este ano coa programación de 27 concertos, dos que 19 serán de pago,
20 actividades culturais de balde para todos os públicos como a sardiñada popular, máxia, teatro, circo,
pasarrúas, presentación de libros, a Gala do Circo polo Sáhara e unha Feira Revenida da Creatividade con
30 propostas artesáns e creativas durante os tres días, no que se darán cita preto de 12 mil persoas.
As Revenidas é o festival de pago con maior número de grupos galegos que cantan en galego de todos
os que realizan durante o ano na comunidade. Constitúe o mellor escaparate para coñecer o panorama
musical actual de Galicia onde grupos consolidados e novas formacións mestúranse nunha programación
equilibrada para ofrecer unha visión xeral do sector galego de música rock e pop feita na nosa
comunidade.
Como novidade para a XI edición, As Revenidas quere facer unha pequena homenaxe ao movemento bravú
neste ano 2014 que se cumpre o vinte aniversario do movemento. A posta en valor da música galega
actual, prioridade do festival, consolídase este ano coa programación de conferencias, actividades e
concertos dos grupos máis significativos do Bravú, que participarán e compartirán cos asistentes a
programación deste festival. Ademais porase en valor a música galega, e neste caso a súa historia máis
recente, coa difusión de contidos relativos ao movemento.
Unha mestura de grupos consolidados con novas formacións dan como resultado unha programación de
gran calidade e interese artístico nesta edición 2014. A programación de concertos confirma a aposta
de As Revenidas polos grupos de Galicia.
As Revenidas constitúe o mellor escaparate do verán galego para escoitar e coñecer as bandas musicais
actuais da comunidade.

VERNRES 22, SÁBADO 23 E DOMINGO 24 DE AGOSTO

EN VILAXOÁN (VILAGARCÍA DE AROUSA)
O Festival XI Revenidas comeza o venres 22 coa intervención gráfica de Desordes Creativas na praza de
Abastos de Vilaxoán ás 16h. Esa mesma tarde será a apertura da Feira Revenida, unha feira da creatividade
con 30 novas propostas. O sábado tralo pregón ás 13 h. terá lugar a Sardiñada Popular Revenidas
xérmolo do festival. E ás 19 h. do sábado a Gala do Circo Solidario co Sáhara aberto a todos os públicos.
En total 27 concertos e preto de 20 actividades de balde como máxia, pasarrúas, teatro, conversas e
presentación de libros. E catro os espazos para o público: escenarios Sardiña, Xouba e Sáhara, ademais
do Espazo Feira e a Praza de Abastos.

VENRES 22 DE AGOSTO
16:00 DESORDES REVENIDAS Intervención gráfica na Praza de Abastos de Vilaxoán.
18:00 APERTURA FEIRA REVENIDA.
20:00 CONFERENCIA XX ANIVERSARIO DO BRAVÚ. Praza de Abastos.
Presentación do libro NON TEMOS MEDO, co seu autor Rodrí Suárez e Xurxo Souto.
PINTO D´HERBÓN. Praza de Abastos.
22:00 SKALOPENDRA Escenario Xouba
22:30 OS DIPLOMÁTICOS DEMONTE ALTO Escenario Sardiña
23:50 GAÑADOR II CONCURSOGRUPOS EMERXENTES Escenario Xouba
00:20 HEREDEIROS DA CRUS Escenario Sardiña
02:20 COLLÓN DE LOLA Escenario Xouba
02:50 ULTRAQANS Escenario Sardiña
03:50 DZ SELECTORS Escenario Xouba
04:00 RASTREROS Escenario Sardiña
05:15 DJ CREBINSKY Escenario Xouba
07h. a 12h. RAVES NIDAS Praia das Saiñas (non é a praia da zona de acampada)

SÁBADO 23 DE AGOSTO
13:00 OS TERRIBLES DEAROUSA (animarán a sardiñada ata ás 16:00)
13:30 PREGÓN
13:30 SARDIÑADA POPULAR REVENIDAS
16:00 TRÍO BOMBO TAMBOR
17:00 DON GELATI Escenario Sáhara
17:40 Presentación libro XOGOS NATURAIS da editorial Ouvirnos Escenario Sáhara
18:00 FANFARRIATAQUIKARDIA
19:00 GALA DE CIRCO DAS REVENIDAS POLO SÁHARA Escenario Sáhara
ISABEL RISCO, ISLA LETRISCA, DANI GARCÍA, ALÁS CIRCOTEATRO e máis sorpresas
22:00 TRÍO BOMBO TAMBOR
22:50 NOITE FECHADA Escenario Xouba
23:30 SÉS Escenario Sardiña
00:40 FAMILIA CAAMAGNO Escenario Xouba
01:20 DAKIDARRÍA Escenario Sardiña
02:30 LIVIAO DO MARRAO Escenario Xouba
03:10 NAO Escenario Sardiña
04:20 AM SOUND SYSTEM Escenario Xouba
04:30 TERBUTALINA Escenario Sardiña
5:40-7:00 AM SOUND SYSTEM Escenario Xouba
07h. a 12h. RAVES NIDAS Praia das Saiñas (non é a praia da zona de acampada)

DOMINGO 24 DE AGOSTO
17:00-20:00 ABERTO DE BILLARDA REVENIDAS
18:00-19:00 PETER PUNK
19:00 PACO NOGUEIRAS presentación do librodisco de Kalandraka BRINCA VAI! Espazo FeiraRevenida
ESCENARIO SÁHARA (Parque de Vilaxoán)
19:30 ALPARGATA
20:30 O LEO i ARREMECÁGHONA
21:30 YSLEM FILLO DO DESERTO CON KULTAMA E SANEZ EL SAMA
22:30 TANDUB
23:15 BORDERLINE