jueves, 4 de septiembre de 2014

Manteles turísticos en Ferrol

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, distribúe 20.000 manteis individuais co mapa da cidade así como fotografías sobre a gastronomía da zona aos diferentes establecementos hostaleiros da cidade. Así, os propietarios dos locais que estean interesados en ter os seus “manteis turísticos” poderán recollelos na Asociación de Hostaleiros de Ferrol e Comarca, situada na rúa Real. Esta proposta enmárcase dentro do “Plan para a mellora da competitividade turística” asinado entre o Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña.
Os manteis, dun único uso, constan dun mapa do centro de Ferrol e a situación da cidade na xeografía nacional. Así mesmo, teñen incorporadas varias fotografías sobre a gastronomía da zona como o polbo ou o raxo. Ademais, os manteis inclúen as diferentes redes sociais de “Ferrol turismo” e un código BIDI para descargar unha guía gastronómica cos produtos típicos da zona e os restaurantes e bares de tapas de Ferrol.