jueves, 11 de septiembre de 2014

Programa festas O Cristo 2014 Barco Valdeorras, Ourense

Cristo 2014 anúnciase cun cartel que reproduce unha pintura de Anxo Baranga, artista e activista cultural residente en Barcelona e natural de Córgomo. O programa inclúe as tradicionais verbenas, concertos e espectáculos para todos os públicos, eventos deportivos e sociais que se desenvolverán entre os días 11 e 15 de setembro.

As festas darán oficialmente comezo o xoves 11 de setembro ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo, cando o historiador Antonio Castro Voces dea lectura ao pregón convocando aos valdeorreses e valdeorresas a gozar delas, de todos e de cada un dos actos incluídos no programa e que se relacionan a continuación.
 
Venres 12 setembro
11.00 h. O grupo de gaitas Celtas Largos percorrerá as rúas anunciando coa súa música o comezo das festas.
11.00 h. Tren das festas. Fará un percorrido polas principais rúas da Vila partindo da praza do Concello cos seguintes horarios: de 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.
21.00 h. Praza do Príncipe. Actuación do grupo Brincadeira de Santiago que ofrecerá un espectáculo de baile, música e canto tradicional galego, dentro do programa "Cultura no Camiño".
21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Gran Parada, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.
23.45 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Seguridad Social.
 
Sábado 13 setembro
11.00 h. Alboradas e pasarrúas a cargo do grupo Os Bertolini e das charangas Terras do Bibei e Os Bercianos.
11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.
12.30 h. No Teatro Lauro Olmo. VIII Xuntanza das Pandillas do Barco.
18.00 h. Saída de Sobradelo dos participantes na XLVIII edición do Descenso do Sil en piragüas. Unha hora antes sairá da estación do Barco o tren fluvial gratuíto para presenciar a saída e seguir o percorrido da proba, co acompañamento musical das charangas.
19.30 h. Na praza Maior. Magín Blanco presenta o espectáculo musical "A nena e os grilos" para público infantil, dentro do programa "Cultura no Camiño"
21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto da Banda de Música do Barco.
21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Philadelphia, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.
23.30 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Son do Sil.
 
Domingo 14 setembro. Día do Cristo
8.00 h. O Madrugón, baixada a nado desde a Ponte de San Fernando ata o Malecón.
11.00 h. As rúas e prazas do Barco estarán amenizadas cos sons da Banda A Lira de Ribadavia. O grupo de gaitas Trenla acompañará as calantornias e os cabezudos no seu percorrido.
12.00 h. Procesión e a continuación misa solemne, na praza Maior, na honra de Xesús Nazareno.
13.30 h. Concerto no Malecón da Banda A Lira de Ribadavia que repetirá actuación, na praza Maior, ás 19.00 h.
18.00 h. No Malecón. XXVIII Milla Urbana do Barco.
21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Os Satélites, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.
21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Faltriqueira, dentro do programa "Cultura no Camiño".
22.30 h. Gran sesión de fogos artificiais no río Sil.
 
Luns 15 setembro
11.00 h. Percorrido musical polas rúas da vila a cargo do grupo de gaiteiros Celtas Largos.
11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.
19.30 h. No Malecón. Teatro de rúa. O grupo Fantoches Baj representa "Velocíclopes", para todos os públicos, dentro do programa "Cultura no Camiño".
21.00 h. No Teatro Lauro Olmo. Concerto de Najla Shami.
21.00 h. No Campo da Festa do Malecón último baile das festas amenizado pola orquestra Miramar, con actuacións de tarde e noite