lunes, 27 de octubre de 2014

Boxeo en Arteixo

As entradas para a velada, na que se disputarán varios combates, xa se poden adquirir no Ximnasio Stadium
O Pazo dos Deportes de Arteixo convértese, o próximo 31 de outubro, na catedral do boxeo en Galicia. A boxeadora locale tricampiona nacional, Marta Brañas, súbese ó cuadrilátero para compartir cos seus paisanos os seus éxitos deportivos.
A velada complétase con varios combates das semifinais do Campionato Galego de promesas. As entradas xa se poden adquirir, dende hoxe, no Ximnasio Stadium. Os prezos son de 7 euros en grada, e 10 euros en silla.