miércoles, 29 de octubre de 2014

Feira Fungos e Cogumelos As Pontes 2014

XXV Feira e Fungos e Cogumelos de As Pontes 

Esta fin de semana vanse repartir máis de 1.000 euros en premios

O departamento municipal de Cultura estase a encargar, nestes días, da recollida de inscricións para a participación dun dos certames micolóxicos máis populares de Galicia As Pontes, 

O departamento de Cultura do Concello de As Pontes manterá aberto ata este mesmo sábado, ás 10.30 horas, o prazo para anotarse na que será a XXV edición do certame de cestas da Feira de Fungos e Cogumelos que, cada primeiro de Novembro, se celebra no municipio pontés co obxectivo de fomentar a afección á micoloxía e contar cun mellor coñecemento sobre as especies da zona. O departamento que dirixe Sara Ramos repartirá máis de 1.000 euros en premios entre as cestas mellor engalanadas e as que conten con máis e mellores exemplares micolóxicos. Cada cesta deberá contar como mínimo con dez especies diferentes de fungos que estarán debidamente identificadas. Asemade, os participantes deberán presentarse na Praza de América, lugar onde terá lugar a exposición de cestas, entre as 09.00 e as 11.00 horas. Cada concursante tan só poderá presentar unha cesta que será sometida á avaliación do xurado composto por persoas especializadas na materia que analizará as diferentes propostas dende as 11.00 horas. Os participantes deberán manter a súa exposición ata, a lo menos, ás 14.00 horas, recibindo 20 euros en concepto de desprazamento no caso de non resultar premiados. Os gañadores recibirán os seus premios ás 12.30 horas, no escenario que se habilitará no patio do colexio Santa María e polo que pasarán os gañadores dos diferentes premios ás cestas mellor engalanadas ou as que conten con maior número de especímenes