jueves, 23 de octubre de 2014

Festival internacional Rebulir 2014 Ramirás Ourense

O Colectivo Rebulir, co patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia e a colaboración da Televisión de Galicia, Taberna do Galo e Bar América; poñen en marcha a que será a IX edición do FIR (Festival Internacional Rebulir) que terá lugar entre os días 19 e 21 de Decembro co seu epicentro en Ramirás pero con actividades en Celanova e Ourense. 

Está será unha edición na que a organización presentará moitas novidades dando un gran cambio a este festival. Polo momento, pódese avanzar a inclusión de actividades pararelas no programa, como é o caso da Exposición "As imaxes do Alén" con fotografías dos lugares de procedencia dos colectivos participantes. Tamén se pode avanzar que contaremos coa presenza  de Xiana Lastra, unha das grandes voces do panorama galego actual. Ela será a encargada de dar apertura a Gala do FIR_2014.


Os colectivos e artistas que participarán nesta edición chegaran de diferentes lugares do estado español, así como Europa e mesmo África, o que fará que Ramirás abra as súas fiestras a "outros mundos" e culturas, procurando aprender con e de outros.  O cartel desta edición está a ser deseñado polo arquitecto e deseñador ourensán Jose Diz, segundo a esencia da tradición galega pero tamén inspirándose noutras influencias culturais.

O programa completo será presentado a comezos do mes de Decembro, así como un vídeo promocional que de seguro terá pegada nas redes sociais e medios. A web do FIR_2014 e facebook xa están habilitados e en plena actividade, dando conta de todas as novidades que vaian surxindo nestas datas previas. 

Para máis información poden consultar a web www.festivalrebulir.com