sábado, 4 de octubre de 2014

Jornadas de Carne de Boi en Allariz

 Xornadas de Carne de Boi de Allariz 2014

Allariz celebra un ano máis estas Xornadas nas que participarán 19 establecementos hostaleiros, 11 no apartado de menús e pratos e 12 no Concurso de Tapas.

Do 10 ó 19 de outubro, os restaurantes e taparías da vila ofrecen menús e pinchos especiais así como concurso de tapas, no que o boi de Allariz é o protagonista. A un prezo único de 1,5€ a tapa, o público poderá degustar 14 tapas elaboradas de xeito diferente e entrar nun sorteo dunha fin de semana para dúas persoas en Allariz.

Debido o éxito das xornadas o ano pasado esta edición repetirase o mesmo esquema aínda que como novidade ampliase dunha a dúas fins de semana a posibilidade de degustar Carne de Boi de Allariz. Os hostaleiros teñen a súa disposición aproximadamente un total de 600 Kgs. de carne para preparar de diferentes xeitos.

As xornadas de carne de boi de Allariz constitúe un novo elemento atractivo para a localidade.