viernes, 17 de octubre de 2014

Programa festas As San Lucas Mondoñedo 2014

As San Lucas Mondoñedo 2014
O concerto de fin de xira do músico bilbaino Kepa Junkera, a homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela, a chegada tradicional dos cabalos á Praza da Catedral e un espectáculo musical realizado por mindonienses, Voces da Paula, son os protagonistas das San Lucas 2014 de Mondoñedo.
As festas comezarán o xoves 16 co pregón do profesor Antón Meilán, estudoso do Mariscal Pardo de Cela.
O concerto de fin de xira do músico bilbaino Kepa Junkera, a homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela, a chegada tradicional dos cabalos á Praza da Catedral e o espectáculo musical realizado por mindonienses, Voces da Paula, son os protagonistas das San Lucas 2014 de Mondoñedo.
As San Lucas unha das feiras máis de España e de Europa, datan do ano 1156, celebran este ano a súa 858 edición, arrancan este ano o xoves día 16 coa recepción oficial na Casa da Concello, do pregoeiro e autoridades. Ás 20.00 h. Ofrenda Floral ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral.
No Auditorio Municipal Pascual Veiga, terá lugar unha lectura dramatizada da obra “PEDRO E CONSTANZA” que narra as derradeiras horas do Mariscal coa súa filla Constanza, en homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela. Escrita, dirixida e interpretada polo actor e director teatral, Manuel Lourenzo. Codirixida por Xosé Martínez e coa interpretación de Bego Lomba. A continuación, terá lugar o PREGÓN das Festas a cargo do mindoniense Antonio J. Meilán García, Licenciado en Filoloxía Románica, Profesor Titular de Lingua Española na Universidade de Oviedo, autor, entre outros, dos libros “O Mito do Mariscal Pardo de Cela: historia , lendas e literatura”; “O Último ano do Mariscal Pedro Pardo de Cela: O cerco e a traizón da frouseira”.
Hoxe 17 de outubro ten lugar a tradicional chegada dos cabalos polas rúas da cidade, ata feira, e pasarán pola praza da Catedral de Mondoñedo. Este ano a Comisión de festas preparou un espectaculo especial, en colaboración coa Fundación TIC, xa que será retransmitida a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral. Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano pacendo nos montes da comarca e nunha manada tráenos para a feira. Ás 18.40h é a hora prevista do paso dos cabalos pola Praza da Catedral. (Preferentes lugares para ver o espectáculo: Ponte do Pasatempo, Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira)
Xa pola noite a Praza da Catedral será o escenario da Gran Festa da Mocidade Fin da Xira oficial EME MUSIC-RADIO LÍDER con Marcos Magán, DJ Sonic e DJ Charlie
Descarga el programa completo en pdf en http://www.mondonedo.net/content/view/1439/128/lang,es/