sábado, 4 de octubre de 2014

Turexpo en Ferrol

Do 4 a 7 de outubro Turexpo, que organiza a Feira Internacional de Galicia (FIG) en Ferrol

O concello de Ferrol acollerá do 4 ao 7 de outubro a primeira desta edicións de Turexpo Galicia, tras amosar o seu interese nesta alianza coa Feira Internacional de Galicia.

Esta cita será unha plataforma de promoción con gran importancia para o sector turístico galego, xa que permitirá aos maioristas da Comunidade dar a coñecer as súas propostas a preto dunha vintena de touroperadores de varios países con gran interese como emisores de turismo, a través de reunións de negocio axendadas en función dos intereses de ambas partes.

Estas reunións, que se celebrarán os días 6 e 7 de outubro no Parador de Turismo de Ferrol, completaranse cun pre-tour, unha viaxe de familiarización que estará conformada por dous itinerarios que amosarán aos operadores asistentes as cidades de Santiago de Compostela, o día 4, e de Ferrol, o día 5.

Turexpo Galicia 2014 é a primeira das edicións en anos pares e con carácter itinerante deste certame turístico organizado pola Feira Internacional de Galicia.

Con esta cita bienal, que se centra na organización dunha bolsa de contratación e non conta con área expositiva, a entidade feiral pretende ofrecer ao sector tamén en anos pares un punto de encontro turístico internacional que se suma á edición do salón Turexpo Galicia que xa se viña celebrando nos anos impares. Esta seguirá realizándose no recinto feiral de Silleda (a vindeira cita será en 2015) mantendo a súa estrutura, que conxuga área expositiva e unha das bolsas de contratación máis importantes de Galicia e do noroeste de España, que na edición de 2013 contou con 70 touroperadores de 22 países.

Turexpo Galicia 2014 celébrase en Ferrol debido ao interese amosado polo Concello en aliarse coa Feira Internacional de Galicia para acoller esta primeira edición itinerante. Sen embargo, esta convocatoria de anos pares está aberta aoutras cidades galegas para vindeiras citas.