sábado, 8 de noviembre de 2014

Feira do mel en Oleiros 2014

Maña domingo día 9 de novembro o Concello de Oleiros organiza a XXV edición da tradicional Feira do Mel. A mostra levarase a cabo dentro dunha gran carpa instalada na rúa, xusto diante do mercado municipal de Perillo e poderá ser visitada ao longo de toda a xornada. As persoas visitantes desta mostra poderán degustar, de balde, pan, queixo e mel que ofrecerán os distintos expositores deste doce produto. Este ano a feira conta con 34 apicultores chegados de toda Galicia, o que a converte na edición máis concorrida. 

Ao longo do día haberá distintas actuacións musicais. Pola mañá contaremos coa presenza de grupos de baile e gaitas, Semente Nova de Perillo e Folliñas de Oleiros, xunto coa Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros que como vén sendo habitual protagonizará un interesante concerto.

Contarase coa presenza de artesáns que amosarán os seus oficios tradicionais e animacións infantís para que os máis pequenos se divirtan e fagan actividades entretidas. Haberá unha polbeira para gozar tamén deste produto. Xa pola tarde a organización ofrecerá un magosto e unha queimada popular amenizada pola orquestra Os Trovadores.


Programas: 
10:00 Apertura
12:00 Actuación do grupo SEMENTE NOVA DE PERILLO
12:30 Actuación do grupo FOLLIÑAS DE OLEIROS
13:00 Actuación da BANDA DA ESCOLA MUNICIPAL DE
MÚSICA DO CONCELLO DE OLEIROS
16:30 Animación infantil para os máis peques
18:15 Magosto e queimada amenizada pola Orquestra OS TROVADORES