jueves, 6 de noviembre de 2014

Homenaxe ao Gaiteiro en Coruxo

O Grupo Etnográfico A Buxaina celebrará o próximo domingo 9 de novembro a partir das 19 horas celebramos a vixésimo séptima edición da Homenaxe ao Gaiteiro. Trátase dun acto anual que organizamos en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC). O obxectivo principal deste acto é homenaxear a persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou a divulgar e conservar a nosa cultura e as nosas tradicións. Nesta edición os homenaxeados serán Paco Bello, gaiteiro de Gargamala, Mondariz e Consuelo Vázquez Souto (Consuelo dos Queixos), pandereteira de Carballo.
Ademais desta homenaxe, contaremos coas actuacións dos grupos Pink Roe, Grupo Etnográfico A Buxaina e dun espactáculo especialmente preparado para o acto que reúne á Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales, e ao gaiteiro Xaquín Xesteira, mestre de gaita na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional e compoñente do grupo Treixadura e ao tamén gaiteiro Xosé Manuel López Sanromán. Tamén temos o pracer de contar coa cantautora María Xosé Silvar (Sés) como presentadora desta edición.
O acto celebrarase no auditorio do Centro Cultural A Fundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo. As invitacións poderán recollerse no CRACC de Coruxo a partir do día 27 de outubro para os socios do centro, cunha entrada-donativo de 2 euros, e do día 3 para os non socios, cunha entradadonativo de 3 euros. As entradas poderán recollerse en horario de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.