domingo, 28 de diciembre de 2014

Cabalgata Reyes Magos Baiona 2015

Horarios y recorrido de la cabalgata de los Reyes Magos en Baiona 2015

A Concellería de Cultura de Baiona ten todo preparado para recibir as súas Maxestades  os Reis Magos que chegarán a Real Vila subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas. Para esta ocasión o Concello de Baiona contou un ano máis coa participación na confección e diseño das carrozas dos Reis coa empresa “A Festa Escénica” que nos sorprenderán cós séus deseños inspirados en persoaxes infantís.

 Durante toda a Cabalgata, repartiránse máis de 1.500 kilos de caramelos, aptos para celíacos e o programa previsto para o día 5 de xaneiro, será o seguinte:

  AS TRES CARROZAS, MELCHOR, GASPAR Y BALTASAR, sairá ás 17:00h dende a rotonda da Ponte Romana continuando pola avenida de Xulián Valverde, Praza  Victoria Cadaval, rúa Porta do Sol, Areas ata a praia de Santa Marta onde uniráse a Comitiva Real.

Dende a Praia de Sta. Marta sairán ás 18:00h AS TRES CARROZAS DOS REIS MAGOS e a comitiva real que estará  composta por 6 módulos,  Roldas de Reis, a Banda de Música Municipal e animación infantil que  percorrerán a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduayen, e rematando na Rúa Carabela Pinta onde as súa Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas de Baiona. En caso de choiva a Cabalgata rematará no Pavillón de Deportes onde ás súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas.