jueves, 11 de diciembre de 2014

Los mejores belenes de Galicia en este 2014

Belenes en Galicia durante esta Navidad 2014

Galicia expone durante estas fiestas navideñas un buen número de belenes en cada una de las ciudades gallegas. Desde la Xunta nos recomiendan que, como mínimo, no nos perdamos los siguientes.

O Belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o Belén electrónico de Begonte, en Lugo, declarados Festas de Interese Turístico de Galicia son algúns dos grandes protagonistas do Nadal en Galicia. 

Horas visitas Belén de Valga:

LUNS A VENRES

17:30 A 20:30 HORAS

SÁBADOS

17:00 A 21:00 HORAS

DOMINGOS E FESTIVOS

12:00 A 14:00 HORAS

17:00 A 21:00 HORAS

O Belén electrónico de Begonte celebra este ano por primeira vez a dita distinción concedida pola súa singularidade determinada polo feito de realizar un Belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento que serviu de inspiración a outras iniciativas similares.

Outro dos grandes atractivos desta festividade será o Belén da Catedral de Santiago, que Turismo de Galicia inaugurará o próximo martes, día 9 de decembro, e que xa pode visitarse ata o día 7 de xaneiro. Un Belén tradicional de 55m2, con máis de 550 pezas, decorado, realizado e tallado a man de forma artesanal, que amplía e enriquece a oferta belenística da nosa comunidade autónoma e converterase nun dos epicentros turísticos neste Nadal.

Ademais a nosa comunidade conta con recoñecidos beléns históricos entre os que podemos destacar, na cidade da Coruña o belén da Grande Obra de Atocha inaugurado por primeira vez en 1923; en Betanzos, o belén do Liceo que conta con arredor de 600 pezas e figuras en movemento ou en Ferrol, o belén da Orde Terceira, que presenta un enorme portal con máis de 200 figuras tamén en movemento. Na provincia lucense é salientable o belén de Viveiro a escala natural. E na provincia do interior é un clásico o belén do escultor Arturo Baltar, realizado con figuras de barro cocido e policromado