sábado, 13 de diciembre de 2014

Mercado da Estrela Santiago de Compostela

No Mercado da Estrela, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 20 e domingo 21 de decembro, xa estamos preparando toda a programación de concertos, obradoiros, charlas e actividades de balde! Mentres, seguimos agardando as vosas solicitudes de participación!

Artistas, artesáns, produtores e emprendedores darán a coñecer as súas coleccións de ilustración, moda, bixutaría, complementos, fotografía, bonecos, decoración e obxectos para o fogar, papelería, adornos de Nadal, produtos enogastronómicos e agroalimentarios, e un sinfín de orixinais creacións para que poidas convertelas nos teus agasallos de Nadal!

* Cantina Gourmet (corredor de Bonaval): elaboracións e produtos de comida e bebida para a súa venda e consumo na carpa. 

Bases e formulario de preinscrición: https://db.tt/SWB3bxua

* Feira Creativa, Gourmet e de Emprendemento (Museo do Pobo Galego): coleccións, produtos, pezas e proxectos de marcas, emprendedores, produtores, fotógrafos e artesáns galegos. 

* Feira Creativa (CGAC): creacións, pezas e produtos creativos de artesáns, artistas, deseñadores e ilustradores galegos.