lunes, 15 de diciembre de 2014

Pontexogos Pontevedra 2014

Neste Nadal Pontexogos den Pontevedra

Pontexogos abrirá ata o 4 de xaneiro, pero atención aos horarios, porque serán de 16.30 a 20.00 horas ata o próximo venres, día 19. E a partir de aí abrirá de 11 a 13.30 e de 16.30 horas a 20.00 horas, agás na propia despedida do día 4, na que só funcionará en horario de mañá. Como sempre pecha nos festivos do 25 e do día 1.

Para o acceso ás instalacións non se esixe o pago de ningunha entrada. Unicamente volve ser requisito a presentación dun tique de compra nalgún establecemento comercial de Pontevedra por importe mínimo dun euro. O obxectivo, recalcou Carlota Román, é dinamizar a campaña de Nadal e Reis no comercio local. Iso permitiunos acadar cifras de 20.000 visitantes durante os dous últimos anos, e todo indica que manteremos a tendencia neste. Sen dúbida, engadiu a responsable municipal, estamos diante dunha das actividades máis multitudinarias de cantas organiza o Concello de Pontevedra.

A praza de España volve ser o epicentro do programa coa instalación dunha carpa de 400 metros cadrados en forma de cúpula. Aburrirse está prohibido e para elo ofrécense circuítos de psicomotricidade, patíns, obradoiros de repostería e panadería, actuacións de títeres, magos, contacontos, xogos tradicionais e unha visita de Papá Noel.

Como case todas as actividades da Concellería de Promoción Económica, Pontexogos tamén terá unha presencia moi activa na Internet e nas Redes Sociais. Está operativo un blog, unha páxina en Facebook e haberá códigos QR para facilitar o acceso a estes portais dixitais.