lunes, 19 de enero de 2015

Entroido en Vilalba 2015

Entroido en Vilalba 2015

O martes 17 de febreiro terá lugar o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30, amenizado coa charanga de Vilalba e Cencerro Nejro.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución. O prazo de inscrición comeza o luns 19  de xaneiro ata o luns 16 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas

Deben ter en conta que, a persoa que realice a inscrición, será a persoa encargada de firmar o recibí do premio.

Para consultar ás bases prema BASES ENTROIDO 2015

ENTERRO DA SARDIÑA
O mércores 18 de marzo terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba