jueves, 15 de enero de 2015

Mes do cocido en Lalín

28 RESTAURANTES PARTICIPARÁN NO XVII MES DO COCIDO DE LALÍN QUE CONTARÁ CON 6 NOVOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS QUE SE ENGANDEN AOS DE ANOS ANTERIORES E NO QUE SE MANTÉN A MEDIA DOS PREZOS QUE SE COBRARON O PASADO ANO CUNHA MEDIA DE 26 EUROS O PRATO
Comenza hoxe 15 de xaneiro
Un total de 28 restaurantes formalizaron a súa participación no Mes do Cocido do ano 2015. Na listaxe que conformarán os locais de hostalería que se engadan a esta iniciativa, aparecen 6 novos establecementos que non participaron o ano anterior: Mesón O Cruce, Restaurante Asador O Toxo, Casa A Fonte do Souto en O Corpiño, Restaurante Sanmartín de O Corpiño, Bar Sanmartín II de Lalín e Parrillada Bergazos. Na listaxe causan baixa para este ano Parrillada Luis e Restaurante La Diligencia, co que se manteñen outros 22 restaurantes que nos últimos anos xa formaron parte habitual deste evento”.
Boa noticia os prezos baixan ou mantensen
Os restaurantes do Mes do Cocido decidiron, salvo casos puntuais xa que algún a suba é de un euro e outros hai baixada de ata 5, manter practicamente estables os prezos do prato de cocido completo que será no entorno dos 26 euros de media. Como queira que se engaden máis restaurantes á celebración, tamén se incrementará a capacidade de servizo para un só día que pasa das pouco menos de 3.500 persoas do ano anterior ata superar as 4.000 (4.074)deste ano no Mes do Cocido.